Bob Dylan actuará en Santiago en abril

Bob Dylan xa non precisa de ningún tipo de presentación. Lenda viva do rock, mesmo chegou a ser galardoado co Premio Nobel de Literatura no ano 2016. Por estas razóns, non cabe dúbida de que a actuación que o músico norteamericano ofrecerá en Santiago de Compostela o vindeiro día 29 de abril será un dos principais acontecementos musicais en Galicia do próximo ano. Tal e como acaba de anunciar o Concello, este concerto terá lugar no Multiusos do Sar e as entradas saerán á venda antes de que remate o ano.

Pódeche interesar...
Elas Son Artistas suma para a súa terceira edición a Mourn, Carmen Boza, Agoraphobia, Silvia Penide e moitas máis