Cineuropa 33 | O filme suspendido na inauguración por problemas técnicos terá un novo pase

A proxección de Ema, do chileno Pablo Larraín, será o xoves 21 de novembro

Ema, o filme do chileno Pablo Larraín que compite na sección oficial do Cineuropa, terá un novo pase despois de que a primeira proxección tivera que ser suspendida por problemas técnicos o día da inauguración do festival.

A nova proxección será no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cidade onde se celebra o festival, ás 00.30 do xoves 21 de novembro. O pase será de balde, previa retirada de convite, como aconteceu no primeira ocasión. O público que queira asistir pode retirar a entrada dun xeito gratuíto no despacho de billetes do lugar dende o martes 19 de novembro. É dicir, dous días antes do evento.

A película narra a historia dunha bailarina de reguetón que, tras un traumático incidente que desestabiliza a súa vida familiar e o seu matrimonio, embárcase nunha odisea de liberación persoal. O filme participou na sección oficial da Mostra de Venecia e na sección Perlak de San Sebastián e é unha das obras que máis espectación crean do festival.

Pódeche interesar...
Nos Seus Pés, un festival solidario cos refuxiados no Grove