David Benioff e D.B. Weiss, creadores de Xogo de Tronos, abandonan a saga de Star Wars

Contratados para realizar unha nova triloxía, abandonan a idea por falta de tempo.

David Benioff e D.B. Weiss, creadores e showrunners da serie de Xogo de Tronos, foran anunciados no febreiro de 2018 como directores dun novo proxecto para realizar unha nova triloxía de Star Wars, da que aínda non se sabía nada máis. Con todo, Variety recolle que dan un paso atrás nesta cuestión e abandonan o proxecto.

Amamos Star Wars. Cando George Lucas fixo esta saga, tamén nos fixo a nós. Chegar a falar con el sobre Star Wars e co equipo actual da saga foi a emoción das nosas vidas, e sempre estaremos en débeda coa saga que o cambiou todo. Pero non hai tantas horas ao día, e sentimos que non podemos facer xustiza tanto a Star Wars como aos nosos proxectos de Netflix. Lamentablemente, temos que dar un paso atrás.

Weiss e Benioff, os D&D, continuarán cos seus proxectos de Netflix. Ambos firmaron un acordo múltiple con Netflix de 200 millóns de dólares para participar en varios proxectos.

Pódeche interesar...
Mourn actuarán na Sala Radar de Vigo