Demi Lovato anuncia o seu regreso tras os seus problemas de saúde

Será na gala dos Grammy que se celebrará o próximo 26 de xaneiro

Demi Lovato anuncia o seu regreso tras os seus importantes problemas de saúde. Os dous últimos anos foron complicados para a artista. No verán de 2018 foi ingresada de urxencia nun hospital de Los Ángeles por un problema relacionado coas drogas, que posteriormente a levou a estar nunha clínica de rehabilitación.

Pero o regreso da estrela do pop estadounidense está moi preto, pois se confirmou que actuará na próxima gala dos Grammy, que se entregarán no Staples Center de L.A. o 26 de xaneiro. Lovato xa avanzou en novembro que estaba no estudo de grabación, e na cerimonia dos Grammy será a primeira vez que volva subirse a un escenario despois de case perder a vida.

Descoñécese se a artista aproveitará esta ocasión para presentar algunha nova canción, pero o que si parece claro é que está tan recuperada como para atreverse a cantar nun escenario da relevancia dos Grammy.

Na gala, que será conducida por Alicia Keys, compartirá cartel con nomes tan diversos como Aerosmith, Billie Eilish, Lizzo, Ariana Grande, Gwen Stefani ou Rosalía.

Pódeche interesar...
O XXIX Festival de Jazz de Lugo comeza este sábado