Dioivo estréanse nos videoclips con ‘Lobishomes’

O pasado marzo, Dioivo, banda de black metal melódico galega, lanzaba o seu longo Dioivo II baixo o selo discográfico malagueño Darkwoods. Dioivo II tratábase do primeiro disco de longa duración do grupo, tras autoproducirse no EP Dioivo (2016). Dioivo II foi masterizado por Zollo Unreal en Marín.

Agora, Dioivo dan un paso máis alá e estrean o primeiro videoclip da banda, dando contido audiovisual á canción Lobishomes, que pecha o LP. O videoclip está dirixido por Brais Gómez Salvador e conta coa participación de Tania Nóvoa Paz e Lara Alonso Vázquez.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.