Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova únense en ‘OG’. Escóitao!

A vella escola e a nova do hip hop en galego únense en ‘OG’. Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova reinterpretan a expresión norteamericana OG (Original Gangster) por ‘orixinal galego’. A canción repasa con moita retranca e a modo de sátira política cousas identificativas do contexto galego.

Esta unión forma parte dunha serie de videoclips que vai publicar Dios Ke Te Crew como adianto do seu próximo EP. Xa o adiantaba Jamas, nesta entrevista que tivemos con el por mor da publicación do seu primeiro libro ‘Diario dun pirata confinado’. O videoclip é dirixido por Xaime Miranda, un dos nomes máis destacados dos últimos tempos en Galicia neste campo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.