Disco Las Palmeras! serán os encargados de liderar a presentación do Fa Ce La Fest III

O vindeiro 14 de abril, este sábado, presentarase en Lugo a terceira edición do Fa Ce La Fest, festival lucense que este ano terá sobre os seus escenarios a Las RuinasJoana SerratCarolina Durante, Abuela Te QuieroSigilu e Papaya, e aqueles que se unan despois. Para presentar a súa nova edición, que se celebrará no mes de maio (días 25 e 26), a organización do festival programou para o sábado concertos no Mercado Street Food (dende as 16:00) e no Club Clavicémbalo (a partir das 23:30). Nesta presentación, o grupo elixido a dar os primeiros pasos cara o festival son Disco Las Palmeras!, a quen acompañarán Galope Mestizo, Rayotaser, Postergel e Paul Rudder. As entradas da presentación están á venda en Ticketea a un prezo de 10 euros, o cal aumentará na billeteira a 12€. Os concertos no Mercado serán todos gratuítos.
Pódeche interesar...
Que é o que non te podes perder do Curtocircuíto?