Disney+ chegará o vindeiro 31 de marzo

Por se eramos poucos, chega un máis: Disney vén de anunciar por fin data de lanzamento no Estado para a que será a súa propia plataforma de streaming, Disney+. Aínda está por determinar o prezo desta, mais os datos para Estados Unidos son un prezo mensual de 6.99 dólares ao mes, ou un bono anual de 69.99 dólares.

Disney+ chega nun momento no que só podemos comezar a falar de saturación para este tipo de plataformas: ás xa coñecidas e típicas no Estado español, Movistar+, Netflix e HBO, por non falar dos productos como Filmin ou os que traen consigo as diferentes canles privadas de televisión, uniranse tamén pronto o servizo de Apple, Apple TV, e tamén este outro.

O catálogo varía dependendo do país, mais é esperable que cheguen as películas e series —novas e antigas— do Universo Marvel, as longametraxes de Pixar ou Star Wars, xunto tamén National Geographic ou Fox.

Como impulso para o lanzamento, debemos ter en conta que xa están anunciadas e nalgún caso incluso rodadas series como The Mandalorian, no universo Star Wars, unha serie sobre Obi-Wan Kenobi, personaxe desta mesma serie, e tamén as ficcións que Disney anunciou xa do Universo Marvel: Falcon e Winter Soldier, WandaVision, Loki, Ollo de Falcón, Moon Knight, She Hulk, Ms. Marvel e What If…?.  

Pódeche interesar...
Blacksad: Under The Skin, publicado antes de tempo