Dúas curtametraxes en galego son nomeadas aos Premios Fugaz

Tamén o foi 'O grande Corelli', a curta do estrandese Abel Carvajal

As curtametraxes en galego Limbo, de Dani Viqueira, e Beautiful boy de Fran X. Rodríguez, foron nomeadas aos Premios Fugaz 2020. Ademais, a curta do estradense Abel Carvajal O grande Corelli tamén está nomeado. Estes galardóns son o recoñecemento máis prestixioso a nivel estatal en canto a curtametraxes.

Limbo opta a cinco premios: Mellor Dirección Novel, Mellor Montaxe, Mellores Efectos Visuais, Mellor Maquillaxe e Perrucaría e Mellor Son. A peza narra a historia de violencia dunha familia que vive illada nunha granxa que remata nunha espiral de autodestrución do protagonista. O debut de Viqueira xa colleita éxitos noutros certames, entre os que desta Meliès de Prata no Festival de Rennes, que o coloca na carreira polo Meliès de Ouro ao mellor filme fantástico europeo.

Por outra banda, Beatiful Boy presenta unha comedia negra sobre a importancia da pegada que deixamos no mundo como seres humanos e co consumismo de fondo. Opta a dous premios: Mellor Guión e Mellor Montaxe. O grande Corelli, está nomeada a Mellor Banda Sonora Orixinal e a Mellor Animación.

Pódeche interesar...
Cinema etnográfico en liña para combatir a corentena