‘En busca dun legado’ é a nova aventura gráfica dos coruñeses Akkad Estudios

En busca dun legado é o novo xogo da compañía coruñesa Akkad Estudios. É unha aventura gráfica de corte clásico cuxo protagonista é o vagabundo Dery Marlon. El acaba de instalarse na cidade de Zippar cando recibe unha carta dun home que lle lega unha grande parte da súa herdanza. Poderase percorrer máis de 30 escenarios. O xogo é de balde e pode descargarse nesta ligazón.

Este simple punto de partida desencadeará nunha viaxe ao longo do reino de Arval para pescudar información sobre este misterioso home. Un xogo no que o misterio, o amor e uns toques de humor mestúranse para poder coñecer os segredos que entraña a historia.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.