Entradas á venda para o concerto de Lauryn Hill en Vigo

En 2018 a cantante americana celebraba o 20º aniversario dun disco lendario como The Miseducation of Lauryn Hill, cun tour que pasará polos principais escenarios do planeta e que chegará ao Estado Español este próximo verán.

Rebelde, visceral, sensible, polémica e loitadora, a enigmática cantante americana ten unha historia peculiar ás súas costas. Idolatrada como icono cultural, co seu disco de debut vendeu máis de 20 millóns de copias e bateu records nos premios Grammy: converteuse na muller con maior número de nominaciones nunha soa edición (10 en total) e maior número de galardones conseguidos (5, incluído Disco do Ano). É nese momento cando Lauryn Hill convértese nunha das estrelas musicais máis importantes do planeta.

Definida no seu dia como unha nova Nina Simone contemporánea (coa que comparte voz desgarrada e personalidade arrebatadora), sempre se dixo que continuou co legado da lendaria cantante, tanto a nivel musical, como social e reivindicativo.

Lauryn Hill deuse a coñecer cando creou xunto a Pras Michael e Wiclef Jean o grupo FUGEES, cos que rápidamente empeza a saborear os meles do éxito, chegando a vender máis de 6 millóns de discos só nos Estados Unidos, gañar 2 Grammys e deixando cancións para o recordo. Logo de 2 discos e trala disolución do grupo embárcase na súa propia carreira en solitario. En 1998 lanza o seu disco de debut The Miseducation of Lauryn Hill co que rompe todos os registros e sitúase como unha das estrelas máis importantes do planeta.

Será o primeiro show da artista en Galicia. No Estado Español, actuará tamén no Festival Mad Cool. As entradas saíron hoxe á venda, a un prezo de 8 euros máis gastos en entrada anticipada a través de Ataquilla.

Pódeche interesar...
Cineuropa 33 | O filme suspendido na inauguración por problemas técnicos terá un novo pase