‘Eroski Paraíso’ poderá verse por primeira vez en televisión

O filme chega á TVG antes que a calqueira plataforma de streaming,

Eroski Paraíso, a adaptación ao cinema da exitosa obra de teatro de Chévere, terá un pase na Televisión de Galicia o luns 23 de marzo ás 22:30. O filme dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron por o seu gran de arena para o estado de confinamento que se está a vivir por mor do COVID-19 en todo o Estado.

Este anuncio sorprende tras recibir a nova de que o filme suspendía o seu primeiro pase fóra de Galicia, que sería en Londres, por mor das circunstancias actuais. Chega á televisión lineal antes de que a calquera plataforma de video on demand, como Netflix ou Filmin.

O filme ben de acadar dous premios Mestre Mateo (mellor actor para Miguel de Lira e mellor actriz para Patricia de Lorenzo) e trata temas como a nostalxia por un pasado idealizado, a normalización linguística e os soños cumplidos e incumplidos en clave de comedia.

Pódeche interesar...
We Are One, os principais festivais de cine do mundo únense en Youtube