Escoita o novo tema de Guadi Galego, que pecha unha etapa

Guadi Galego, unha das cantantes máis populares do país, cumpre a súa palabra. Hai unhas semanas prometera un agasallo para os seus fans e este venres vén de desvelar unha canción inédita, con arranxos e producción de Pachi García; pero hai algo máis.

Segundo as súas propias palabras “Chegou o principio do final”, un peche de etapa que quere converter nunha celebración e co que agradece a todos os seus seguidores o seu cariño e a súa presenza.

Este tema, Fronteiras formará parte do EP Bola de cristal que se vai publicar en maio e co que a artista pecha a súa triloxía do mundo.

Poderémola escoitar en directo o próximo 7 de abril nas matinais do Teatro Principal de Pontevedra.

Pódeche interesar...
Revolution Podcast chega a Balea Cultural