Escoita xa o remix de GLITCHGIRL a 'Herdanza do Vento', de Ezetaerre

GLITCHGIRL acaba de compartir nas súas redes un novo tema. Trátase dun remix do tema de Ezetaerre, A Herdanza do Vento, deixándoo case irrecoñecible e ao que ela decidiu chamar A Herdanza do Kiarton. Os créditos da produción orixinal van para Petrowski, membro do grupo coruñés.

Alicia Muñiz, mellor coñecida como GLITCHGIRL, é unha artista e produtora residente en Galicia, coñecida polo seu tino á hora da produción de glitch, trap, breakcore e noise. En 2016, abríase as portas de Youtube co seu sinxelo Que me des diez euros. Posteriormente, en 2017, lanzaba o que sería o seu primeiro traballo longo, GRANDES ÉXITOS, reunindo bases onde os estilos anteriormente citados se pegan. Ademais do seu traballo en solitario, lanzou varias cancións con Menina Arroutada. É a DJ en directo de Ezetaerre, grupo de rap consciente cuxo último traballo, 100, foi lanzado en 2017 baixo o selo Santa Guerrilla.

<iframe width="100%" height="300" scrolling="no" frameborder="no" allow="autoplay" src="https://w.soundcloud.com/player/?url=https%3A//api.soundcloud.com/tracks/427568058&color=%2350c1e9&auto_play=false&hide_related=false&show_comments=true&show_user=true&show_reposts=false&show_teaser=true&visual=true"></iframe>
Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, día III: Black Midi contra o mundo