Esmorga Fest 2020: Los Punsetes, Cariño e Yawners, primeiras confirmacións

O festival celebrado en Sarria celebra o esgotamento das súas primeiras entradas anunciando os seus tres primeiros artistas para a vindeira edición

O pasado 5 de novembro, o Esmorga Fest puxo á venda as primeiras entradas da súa edición de 2020, que terá lugar os días 13 e 14 de marzo de 2020. Cun público fiel e entregado para o que será xa a quinta edición do festival, estas entradas remataron esgotándose ás poucas horas de saír á venda.

Como celebración deste xúbilo, o Esmorga Fest decidiu comunicar os tres primeiros nomes que formarán parte desta nova edición do evento, sendo estes Los Punsetes, Cariño e Yawners, tres nomes xa consolidados da escena estatal que tentarán facer do evento un dos máis aclamados polo público galego.

Unha segunda tanda de 200 entradas está xa á venda na páxina web do festival a un prezo de 30 euros, sumando gastos de xestión. A data límite para compralas a este prezo é o 13 de marzo.

Pódeche interesar...
Ataque Escampe anuncian a súa volta aos escenarios… E farano cunha nova formación