Celia Eiras

Esta é a música galega nomeada aos Premios MIN 2020

A categoría de Mellor Álbum en Galego destaca a cinco artistas sumamente importantes para a nosa música, con Tanxugueiras finalistas de novo tras conseguir o galardón o pasado ano

Os Premios MIN, organizados pola Unión Fonográfica Independente, son un auténtico exemplo de recoñecemento da creación, diversidade e calidade artística das producións independentes realizadas dentro do Estado. Na súa 12ª edición, cuxa entrega de premios celebrarase o vindeiro 11 de marzo, recoñécese un ano máis gran parte da mellor música feita en Galicia durante o pasado ano.

Os nomeados na categoría a Mellor Álbum en Galego son os seguintes:

  • A Banda da Loba: Fábrica de Luz
  • Familia Caamagno: Había que Intentalo
  • Heredeiros da Crus: Derretidos
  • Os Amigos dos Músicos: Segundo Fogar
  • Tanxugueiras: Contrapunto

As Tanxugueiras volven ser finalistas tras gañar o ano pasado este galardón co seu álbum debut, Tanxugueiras. Con Contrapunto, o que para Balea foi o mellor disco galego de 2019, as tres pandereteiras asumiron a súa definición artística e musical.

Por outra banda, Novedades Carminha conseguen con Ultraligero catro nomeacións nos apartados estatais: Premio The Orchard ao Álbum do Ano, Premio Fluge ao Mellor Artista, Mellor Álbum de Pop e Premio Ticketmaster ao Mellor Directo.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.