Representantes das entidades organizadoras -Concello de Pontevedra, AGADIC, Bodegas Martín Códax, Deputación de Pontevedra e Músicas ao Vivo- na presentación. | Foto: Pixelín

Estes son os proxectos finalistas dos premios Martín Códax 2020

Son 60 proxectos musicais dos que quedarán soamente 20 ganadores

O xurado designado por Músicas ao Vivo para facer a primeira selección de entre as 577 propostas recibidas nesta sétima edición, vén de facer públicos os 60 proxectos musicais finalistas dos Premios Martín Codax. Pasada esta fase, serán as socias e socios de MAV quen decidan, entre o 20 de abril e o 3 de maio, cal será o proxecto premiado de entre os tres finalistas de cada unha das 20 categorías.

A festa de finalistas que estaba previsto que se celebrase o día 15 de abril, tivo que adiarse por mor da situación de emerxencia sanitaria actual. A nova data será o vindeiro 30 de setembro (sempre que as condicións en materia de coronavirus permitan a súa celebración).

O xurado profesional estivo composto por cinco profesionais de distintos ámbitos da industria músical. Pola parte das músicas e músicos contou con Ánxela Baltar, integrante da formación BALA e profesional da industria musical e Xosé Miguélez, saxofonista de jazz e mestre de música tradicional galega. Xunto con eles, Belén Regueira, xornalista pioneira na comunicación musical da música galega e Julio Gómez, promotor musical, xestor cultural e director do Festival Sin Sal foron outros dos participantes. A lista que completouna Patricia Cupeiro, docente e investigadora musical, ademais de xestora cultural.

Os membros do xurado salientan que foi “un arduo traballo” porque o número de inscritos e inscritas foi “moi alto”. Comentan que foi “un acerto grande” o feito de se ter engadido nesta sétima edición a categoría de bandas de música, xa que “son imprescindibles”, afirman. Ademáis, valoran moi positivamente o ter mantido as de verbenas e coros. Sinalan tamén que “hai que facer un esforzo non só para telos representados, senón para implicalos”, puntualizan.

LISTA COMPLETA DE FINALISTAS DOS MARTIN CODAX 2020

BLUES, FUNK E SOUL

  • Brais Morán
  • Narci Rodríguez Da Trío
  • Carla Green & The Demons

CANCIÓN DE AUTOR/A

  • MJ Pérez
  • Silvia Penide
  • Pablo Lesuit

METAL

  • Grima
  • Mano de Piedra
  • Broa

ELECTRÓNICA

  • Músculo!
  • Yugen Kala
  • Korolev

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS

  • Xacobe Mantínez Antelo Trío
  • Xan Cambos Trío
  • Manuel Gutiérrez Trío

MÚSICA TRADICIONAL

  • Xabier Díaz & Albufeiras da Salitre
  • Mulleres de Gharghamala
  • Faia

ROCK

  • Agoraphobia
  • Moloch
  • Heredeiros da Cruz

POP E INDIE

  • Xoel López
  • Blanco Palamera
  • Guadi Galego e A Banda Somerxida

BANDAS DE MÚSICA POPULAR

  • Banda Unión Musical de Moaño
  • Banda de Música Municipal de Valga
  • Banda de Música de Merza

MÚSICA INFANTIL

  • Magín Blanco e a Banda das Apertas
  • Lingua Guapa Cantos Que Contan
  • Radio Bulebule

MÚSICAS DO MUNDO

  • Najla Shami
  • Oima
  • Lamas/De Miguel/Romero

MÚSICA FOLK

  • Candorka Trío
  • Caldo
  • Susana Seivane

ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA

  • Orquetra Los Trobavadores
  • Améirica de Vigo
  • La Fórmula

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

  • Taller Atlántico Contemporáneo
  • Katerina Linke
  • Samuel Diz

REGGAE, SKA E MESTIZAXE

  • High Paw & Elephants Yard
  • Garcia MC & Nación Quilombo
  • Chow y la Diligente Reggae Band

COROS E GRUPOS VOCAIS

  • De Vacas
  • Coro Contabile
  • Sisters in the House

MÚSICAS URBANAS

  • Kaixo
  • Laura Lamontagne & Picoamperio
  • Mundo Prestigio

SALAS

  • Sala Mandi Gras
  • La Fábrica de Chocolate Club
  • Náutico

PROXECTOS COMUNICATIVOS

  • Músicas Galegas Ilustradas
  • O Recanto de Corcovado
  • Xirarei

FESTIVAIS

  • Revenidas
  • Festival Agrocuir de Ulloa
  • Melonafest
Pódeche interesar...
‘A unidade’, realismo policial