Estes son os videoclips nomeados nos Mestre Mateo 2020

Queda cada vez menos para os Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego. Entre as súas numerosas categorías e deixando o cinema e as series de lado por un momento hoxe é a quenda dos videoclips, que moitas veces son esquecidos.

TAXUGUEIRAS – PERFIDIA

Tanxugueiras demostra unha vez máis con este videoclip como supoñen unha revolución na música tradicional. É posible ver unhas pandereteiras esnaquizar un coche para máis tarde prenderlle lume? Seica este grupo é capaz de todo nesta produción de Trece Amarillo.

ESQUIMALES – HERDEIROS DA CRUS

Esquimales, o videoclip da veterana banda de rock galego Herdeiros da Crus, representa quizá ao estilo de videoclip máis tradicional da lista, aínda que non por iso de menos calidade. Dirixido por Xaime Miranda, ten un gran ritmo acorde a canción, unha elaborada fotografía.

GOT TO GET UP – GARY CLARK JR

Manu Viqueira firma este videoclip. Got To Get Up é un traballo onde prima a cor, o elevado ritmo e é unha gran definición de pór a creatividade dun autor ao servizo dunha canción. Gary Clark Jr. seguro que está contento desta peza.

HELSINKI 79 – EUFEMIANO E LALO

Despois de décadas esquecida pola televisión pública, a única copa existente do videoclip Helsinki 79 de Eufemiano e Lalo saíu á luz restaurada. Unhas animacións máis que avanzadas para a época, a ironía e o seu valor histórico son as súas maiores bazas.

Pódeche interesar...
DakidaNao publican o seu primeiro videoclip