Falece Ennio Morricone aos 91 anos

O compositor italiano Ennio Morricone faleceu aos 91 anos. O autor de bandas sonoras tan icónicas como O bo, o feo e o malo ou Novecento é considerado un dos mellores compositores da historia do cine. Pereceu en Roma, a mesma cidade que o veu nacer consecuencia de complicacións derivadas dunha caída na que rompeu o fémur.

Morricone gañou o seu primeiro premio Oscar hai catro anos polo filme de Quentin Tarantino Os odiosos oito, un premio que veu case unha década despois de que lle concederan o premio honorífico á súa carreira no ano 2007. Isto solucionaba a medias o baleiro que sempre se dixo que lle fixo a Academia.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.