Falece o cineasta José Luís Cuerda

Coñecido por adaptar as novelas galegas 'A Lingua das bolboretas' e 'O Bosque Animado' morre aos setenta e dous anos. 'A L

O cineasta José Luís Cuerda faleceu este martes catro de febreiro en Madrid aos 72 anos. O produtor, guionista e director, coñecido pola A lingua das bolboretas, a exitosa adaptación da novela do galego Manuel Rivas ou Amence que non é pouco foi unha das figuras crave do cinema español das últimas décadas e un dos mellores expoñentes da comedia a nivel estatal.

O bosque animado, adaptación da novela homónima do coruñés Wenceslao Fernández Flórez coa que gañou o Goya á mellor película, inaugura a súa etapa de humor absurdo en 1987. Na súa tarefa como produtor destacou na participación de longametraxes como os filmes de Alejandro Amenábar Tese, Abre os ollos e Os outros.

Pódeche interesar...
Libros para a corentena: ‘Nós’ de Evguenii Zamiatin