‘Fleabag’ arrebata o protagonismo á despedida de ‘Xogo de Tronos’ nos Emmys

A cerimonia número 71 dos premios Emmy non deu demasiadas sorpresas pero si detacer moi relevantes. Xogo de Tronos foi a serie que máis atencións acaparou na sección de drama, pero os seus premios non foron tantos nin tan relevantes como parecía e uliron a homenaxe máis que a valoración real. Fleabag arrasou na categoria de comedia no que confirma a Phoebe Waller-Bridge como unha das sensacións do audiovisual actual e nas miniseries Chernobyl arrasou como estaba previsto.

A despedida de Xogo de Tronos -con reunión das caras visibles no escenario incluída. foi lastrada pola súa nefasta derradeira temporada. Colleitou o premio á mellor serie dramática e Peter Dinklage levouse o premio á mellor actor de reparto por terceira vez. Se ben é certo, comezou a gala con dez galardóns baixo o brazo ao concederse os premios técnicos con anterioridade.

Aínda así, non merecería ningún se se valorara a última temporada, pero os galardóns se concederon en crave de homenaxe tanto a serie como a probablemente a cara máis visible dunha serie que marcou a unha xeración. O resto dos premios de drama repartíronse dun xeito bastante homoxéneo: O premio a mellor actriz protagonista foi para Jodie Comer pola súa soberbia interpretación en Killing Eve, no mellor actor protagonista subiuse ao escenario Billy Porter (Pose), o primeiro home abertamente homosexual en conseguilo.

Quen non o logrou foi Jason Bateman por Ozark a pesar da súa gran interpretación, aínda que si foi galardoado co premio á mellor dirección, ao igual que Julia Garner o de mellor actriz de reparto, procedente da mesma. O mellor guión foi para Succession, a serie de HBO que se mete no interior da familia propietaria dunha das maiores empresas dos Estados Unidos.

A COMEDIA É TERRITORIO DE FLEABAG

Na categoría de comedia Fleabag levou para casa catro premios na gala, conseguindo o que non parecía posible: Eclipsar a Xogo de Tronos. A serie de Amazon Prime Video conseguiu os premios de mellor serie, mellor dirección, mellor guión e mellor actriz protagonista. Estes dous últimos para unha Phoebe Waller Bridge que non cabía en si de xúbilo.

Sen saír de series de Amazon, The Marvelous Mrs Maisel colleitou os dous galardóns a actores de reparto. En categoría feminina foi concedido a unha Alex Borstein que repetía do ano pasado e cuxo discurso foi de novo un dos momentos máis destacado da noite. Tampouco podía falta Tony Shalhoub en categoría masculina, unha dos rostros máis emblemáticos da televisión estadounidense.

O único que foi quen de arrebatar o seu dominio na categoría á empresa de Jeff Bezos foi Bill Hader, que coa súa interpretación na divertidísima Barry de HBO foi quen de gañar o premio a mellor actor protagonista

POUCAS SORPRESAS NAS MINISERIES

Na categoría de mellor miniserie, Chernobyl foi a xustificada protagonista cos premios a mellor miniserie, mellor dirección e mellor guión, a serie de HBO sobre a catástrofe nuclear máis famosa da historia foi unha das obras que máis aceptación tiveron nos últimos tempos.

Pola súa banda, Jharrel Jerome (When They See Us) conseguiu o premio a mellor actor e Michelle Williams (Fosse/Verdon) fixo o propio na categoría feminina. Very English Scandal tamén tivo a súa representación na noite co galardón a mellor actor de reparto para Ben Wishaw ao igual que The Act co galardón a mellor actriz de reparto para Patricia Arquette.

Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, día IV: Reivindicacións dentro e fóra da música