FØ Records lanza ‘Chicane’, con Camel B. & goodboy.Xd

A primeira mixtape do colectivo será lanzada o vindeiro 21 de febreiro.

Dende Negreira, o colectivo FØ Records lanzou onte á noite, xoves, o videoclip de Chicane, o último adianto do que será a súa primeira mixtape, O Club do Pitillo. O vídeo está dirixido por Álvaro Alvite, e quenes poñen voz ao sinxelo son os rapeiros Camel B. E goodbooy.Xd.

FØ Records está formado polos rapeiros og coulomb, goodboy.Xd, Puto Rumeinian, Camel B. E dramakid, e a mixtape de O Club do Pitillo verá a luz o vindeiro 21 de febreiro, contando con colaboracións como O Portughés ou O Neno Basko (Ola Perdida Squad). A lista final de temas aínda non é coñecida.

Pódeche interesar...
Demi Lovato anuncia o seu regreso tras os seus problemas de saúde