Foodie Love: O parque temático de Isabel Coixet

Esta serie é unha obra moi persoal da súa directora xa que une algunha das súas grandes pasións

Unha boa trama de comedia amorosa, afastada de ser as de toda a vida e chea de centos de pequenos momentos que lembran inevitablemente a Isabel Coixet. Foodie Love, a nova serie de HBO dirixida por Coixet e que se estreará o próximo 4 de decembro, é un enorme parque temático da súa directora.

Amor e comida, dúas cousas tan cotiás son as grandes protagonistas desta serie. Os tres primeiros capítulos que tivemos a oportunidade de ver xa están cheos de intensidade. Cunha Laia Costa e un Guillermo Pfening dándoo todo como amantes, entre eles e dos alimentos.

Foodie love é o nome da aplicación cuxo algoritmo une aos protagonistas, que conservan fortes cicatrices de intensas relacións anteriores e se van coñecendo con tantas ganas como reticencia. El, cun punto inocente e ela resultando extremadamente controvertida. Soamente con este comezo é máis que suficiente para decatarse da emotividade que esconde a serie.

Parte do equipo que fai posible “Foodie Love” / Sara Lozano

As rarezas e, por que non dicilo, os dramas intrínsecos e tamén extrínsecos tanto dos protagonistas como dos demais personaxes logran enganchar e atrapar ao espectador. Atracción que queda, en cambio, trasposta nos momentos nos que relocen as excentricidades de Coixet. Como por exemplo o feito, claramente cómico, de que as emocións dos protagonistas se reflexen en bocadillos de cómic con emoticonos no interior representando o seu estado.

Se é certo que isto, entre outras moitas cousas son píldoras de humor tamén o é que desconectan ao público de momentos cheos de forza o nos que, en contraste, os personaxes aparecen serios ou emocionados.

A propia directora afirma que esa serie é o máis seu que fixo nunca, produción na que une as súas grandes paixóns, amor, desamor e comida. “Non confiaba nin o meu mozo, que me dicía: amor e comida, a quen lle pode interesar iso?” Pois o que non se lle pode negar a Coixet é que conseguiu que o conxunto si interese.

As localizacións da serie no pouco que puidemos ver xa van dende Roma a Xapón, aínda que a o espazo principal será Barcelona, na que os escenarios serán bares e restaurantes reais. Todos con moitísimas peculiaridades e nos que terán lugar os encontros dos protagonistas. Alí descubriran que os une e que non tanto. Ela recelosa das relacións e el enchido de ganas.

No primeiro capitulo, unha cafetería rexentada por unha parella empeñada en incluír cítricos nos seus cafés. No segundo unha coctelería dentro dunha neveira, na que o papel da camareira esta nas mans dunha Yolanda Ramos da que hai que destacar a súa brillante actuación. E no terceiro un restaurante xaponés nun mercado de abastos. Onde situaran os 5 seguintes?

Haberá que esperar ata o dia 4 para descubrir si definitivamente a relación dos personaxes ten verdadeiro sentido. Para quedar sorprendido con locais nada convencionais e especialmente para pescudar cantas excentricidades persoais mais haberá introducido de forma extrema Isabel Coixet.

Pódeche interesar...
Cineuropa 33 | Mr. Jones, medo e asco en Ucraína