Hoxe 24 de febreiro conmemórase o día da poeta Rosalía de Castro. A fundación que leva o seu nome convida a celebrar a súa figura a través da súa obra, facendo un ‘Caldo de Gloria’ ou interpretando a ‘Alborada para Rosalía’, aspectos fundamentais na súa produción.
A axenda de eventos arrincará coa plantación dunha filla da ‘Figueira de Rosalía’ no Parlamento de Galicia ás 9:30, á que seguirá un acto institucional, ademais doutro na Praza de Vigo ás 11:00, no lugar onde naceu a autora. Ademais dunha plantación no ‘Parque do Recordo’ do Pazo de Faramello en Rois, a Fundación organiza unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía en Padrón ás 13:00.
Doutra banda, a encagada de facer o ‘Caldo de Gloria’, iniciativa inspirada no poema ‘Miña casiña, meu lar’, foi a cociñeira Lucía Freitas do restaurante A Tafona, que editou un vídeo inspirándose na súa versión da receita.
Outras institucións, como as Deputacións da Coruña e Pontevedra, sumaranse tamén á conmemoración da xornada. A institución provincial coruñesa destaca o Festival Rosalía, coa participación de figuras como a música Uxía, a escritora María Reimóndez e o percorrido sobre o territorio da vida da autora.
A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, celebrará actos ás 12:00 e ás 19:00 en Vigo e Pontevedra respectivamente, nas sedes provinciais de ambas as cidades.
.