O Pikachu fofiño debuta nas incursións de Pokémon Espada e Escudo

Tras as incursións de promoción dedicadas a aqueles pokémons máis populares no xogo competitivo de Pokémon, chega agora aos niños a versión Gigantamax de Pikachu, antes soamente conseguible por aqueles xogadores que tivesen o Pokémon Let’s Go Pikachu para a Nintendo Switch. A incursión estará dispoñible ata  o 18 de maio.

A versión Gigantamax de Pikachu está baseada na primeira versión do pokémon, coma o vimos naquelas xa míticas edicións Vermello e Azul para a Game Boy Color, onde o pokémon tiña un aspecto moi diferente ao que coñecemos agora. Esta versión Gigantamax, coma todas as da edición, conta cun ataque especial de uso competitivo: Gigatronada é un ataque gigamax permite a Pikachu no seu modo gigantamax facer dano a un rival, paralizando ademais a todos aqueles que estean no bando contrario.

Pódeche interesar...
Libros para a corentena: ‘Bordados’ de Marjane Satrapi