Google revela o catálogo de Stadia

Tan só queda unha semana para que a plataforma de videoxogos en streaming do xigante de internet, Google Stadia, chegue a todos os fogares e a gran G xa deu a coñecer o catálogo de títulos que haberá de saída a través do seu blog oficial.

A plataforma de streaming contará con doce videoxogos desde o próximo 19 de novembro:

  • Assassin’s Creeed Odyssey
  • Destiny 2
  • Gylt (exclusivo de Stadia)
  • Just Dance 2020
  • Kine
  • Mortal Kombat 11
  • Red Dead Redemption II
  • Thump
  • A triloxía moderna de Tomb Raider
  • Samurai Shodown
A exitosa entrega de Rockstar estará en Stadia a partir do próximo martes

Todos estes títulos estarán na plataforma de Google para a súa compra e streaming inmediatos desde o seu lanzamento. Pero a empresa californiana tamén ofreceu unha lista dos xogos que se incorporarán ao catalogo de Stadia no que queda de ano, na que destacan entregas de renome como Borderlands 3, Dragon Ball Xenoverse 2, Final Fantasy XV, Football Manager 2020, Grid, Rage 2 ou Wolfenstein Youngblood.

A revolución de Stadia

Google anunciou a súa plataforma de streaming no E3 deste ano e dende o primeiro momento non pasou desapercibida. Tomando como referencia servizos xa existentes como Playstation Now ou Xbox Game Pass, o xigante de internet metíase de pleno na industria dos videoxogos con Stadia. A diferenza dos anteriormente mencionados servizos de subscripción, este require que os usuarios compren os títulos aos que queren xogar, polo que se trata dun modelo de negocio inédito e arriscado que promete que se poderá xogar sen ter que descargar un solo megabyte de datos.

Stadia presenta dous tipos de subscripción: unha gratuita que estará dispoñible a partir de 2020 –os tres primeiros meses só terán acceso os usuarios que reserven o paquete Premiere Edition– e a Stadia Pro, que requerirá o pago de 9,99 euros ao mes. A primeira capa a resolución dos videoxogos a 1080p e non permitirá disfrutar de xogos gratuítos nin descontos que Google ofrecerá regularmente aos que opten pola subscripción Pro. Estes últimos poderán xogar –se a súa conexión o permite– en 4K cun sonido envolvente 5.1 ademáis de poder conseguir estas ofertas e títulos de balde. O primeiro deles, xa desde o día 19, Destiny 2.

Pódeche interesar...
A escena musical viguesa darase cita no Museo do Mar