Grande Amore ten unha mensaxe para ti: ‘Vémonos no baño’. Escóitaa agora!

O último romántico, Nuno Pico, Grande Amore, vén de publicar un novo sinxelo, chamado Vémonos no baño. O tema serve tamén como presentación para o que será o seu primeiro longo en solitario, que chegará máis adiante neste mesmo ano, editado por Ernie Records.

O tema, tan eléctrico como pegadizo, afasta a Nuno tanto do que fai en Oh! Ayatollah coma do que fixo con Ortiga en Los Rastreadores, atopando entre ambos un camiño propio que dá gusto escoitar.

O vídeo que acompaña ao tema foi realizado por Álvaro Alvite, e gravado en Adelán e Ferreira do Valadouro durante xaneiro deste mesmo ano. A día de hoxe, a data de lanzamento do novo álbum, así coma o nome deste, son descoñecidas.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.