‘Hierro’ prepárase para retomar a rodaxe da súa segunda tempada

O traballo viuse obrigado a parar tras a declaración do Estado de Alarma

A segunda tempada de Hierro prepara xa a súa volta á rodaxe na illa canaria, o escenario da serie que xa entrou na fase 2 do desconfinamento. O traballo viuse obrigado a parar o pasado mes de marzo tras a declaración do Estado de Alarma. Esta segunda entrega da serie contará  con 6 episodios de 50 minutos de duración e volverá ser estreada en Movistar+

“As particularidades da illa canaria, na que a incidencia da crise sanitaria foi mínima e a colaboración activa do Goberno de Canarias, que considera o sector audiovisual como estratéxico, foron fundamentais para favorecer os plans de produción”, explican dende os responsables da serie.

O equipo técnico regresará a El Hierro escalonadamente unha vez que sexan sometidos a un test PCR nas súas residencias habituais e a súa chegada pasarán un período de illamento antes de entrar nos que serán os seus aloxamentos durante as 10 semanas que restan de rodaxe.

Hierro é un thriller xudicial protagonizado por Candela Peña que foi recoñecido cos Premios Ondas, os Mestre Mateo, ou os Feroz entre outros. Creada por Pepe Coira e dirixida polo seu irman Jorge, a serie conta cun reparto moi destacable no que destacan actores como arxentino Darío Grandinetti ou a canaria Tania Santana.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.