Ilegales presentarán “Rebelión” este sábado na Sala Capitol

O disco foi publicado en setembro de 2018

Dende Asturias, Ilegales son un dos referentes do rock estatal dende fai xa case catro décadas, con xa 15 albumes, entre estudo e directos, ás súas espaldas. O máis recente destes sería Rebelión, lanzado en setembro do pasado ano e que este sábado será presentado na Sala Capitol.

A xira de presentación de Rebelión comezou en novembro de 2018, e estarán na Sala Capitol de Santiago de Compostela este vindeiro sábado día 16. As entradas están á venda en Ticket Master a un prezo de 20.80, gastos de xestión incluídos.

Pódeche interesar...
The Outer Worlds: Si hai Planeta B, pero é igual de deprimente