James Rhodes actuará o vindeiro 21 de marzo no Auditorio de Ferrol

O pianista presenta o seu novo proxecto, un programa que conmemora o 250 aniversario do nacemento de Beethoven.

Dentro do ciclo SON(S) Ferrol, onde xa apareceron o ano pasado artistas como Curtis Harding, Andrés Calamaro, Maika Makovski ou Los Enemigos, chega agora James Rhodes, un dos personaxes máis queridos na comunidade galega de redes sociais como Twitter debido ao seu amor incondicional polo noso país.

Con todo, Rhodes é un artista que fala máis coa súa música que cos seus chíos, e busca nelas desbotar tópicos sobre a música clásica. Ferrol será unha oportunidade marabillosa para ver este facer, onde Rhodes traerá un repertorio baseado en Beethoven, conmemorando o 250 aniversario do nacemento do artista alemán.

As entradas para o evento xa están dispoñibles a través de ataquilla.com a partir dos 27 euros, aos que sumarlles os gastos de distribución.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.