John Frusciante volve a Red Hot Chili Peppers dez anos despois

A banda anunciouno na súa conta de Instagram

O Guitarrista John Frusciante volve, tras dez anos, a formar parte de Red Hot Chili Peppers. Foi anunciado pola banda estadounidense vía Instagram. Na publicación nesta plataforma agradeceron os servizos prestados por parte do guitarrista saínte, Josh Klinghoffer. “Josh é un fermoso músico que respectamos e queremos. Estamos profundamente agradecidos polo noso tempo con el e polo innumerable talento que compartiu connosco”.

Frusciante uniuse á banda en 1989 no seu cuarto álbum Mother’s mil. Porén, abandonou o grupo soamente tres anos despois para volver en 1998. Durante a década seguinte formou parte da banda liderada por Anthony Kiedis mais en 2009 decidiu abandonala novamente na que parecía unha despedida definitiva ata o de agora.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.