Kienes Sound actuarán o 12 de maio en Ferrol

Kienes Sound é o proxecto formado por Eloi Yebra, Crispulo Cabeza,Kano Sunsay e El Chiky, e atópanse presentando xa seu cuarto traballo o cal chega cargado de estilos como o rap, o dance-hall ou o ska. Grabado e misturado en Oktopu-Studios, foi producido por Positive Vibz e conta coas colaboracións de Green Valley, MadDivision, Aman, Yeyo Perez e Ghetox, dende Costa Rica.
Poderemos ver o enérxico directo de Kienes Sound o próximo día 12 de maio en Ferrol, na Sala Super 8 acompañados dun artista invitado.

Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, Día I: Bailes e emocións