Lauryn Hill actuará en Vigo este verán

O Auditorio de Castrelos de Vigo contará co único concerto propio que dará Lauryn Hill no Estado español este verán, o día 17 de xullo. Esta será a primeira actuación en Galicia da voz que marcou unha xeración. Idolatrada como icona cultural, co seu álbum de debut vendeu máis de 20 millóns de copias e bateu récords nos premios Grammy: converteuse na muller con maior número de candidaturas nunha única edición e o maior número de premios conseguiu.

En 2018 a cantante estadounidense celebrou o 20 aniversario dun lendario álbum como “The Miseducation of Lauryn Hill” cunha xira que pasará polos principais escenarios do planeta e chegará á península este verán. Acompañada por 35 persoas de xira, entre músicos e técnicos, será unha oportunidade única para que a súa lexión de fans a vexa por primeira vez en Galicia, nun concerto que seguramente terá a presenza de fans de todo o Estado e ata de estranxeiro.

Pódeche interesar...
Valfaris: Unha vinganza interestelar convertida nun desafío único