Levar o campo da festa a Instagram

Oh Ayatollah, Grande Amore ou Ruxe Ruxe son algunhas da bandas reunidas no festival por streaming Son da Casa

Son moitas as propostas culturais alternativas organizadas para pasar mellor a corentena, mais unha das máis relevantes no ámbito galego está a piques de comezar. O festival por streaming Son da Casa ten por obxectivo é conseguir trasladar “o campo da festa ao Instagram”. O evento celebrarase entre hoxe 20 de marzo de mañá 21 de marzo e contará coa presenza de O Aquele, o maestro de cerimonias desta iniciativa.

As bandas e artistas que participarán son Oh! Ayatollah, Grande Amore, Ruxe Ruxe, Monoulious Dop, Sondarúa, Pauliña, Kum0, Diego Moreira da París de Noia, Darío DK, Lau, Sheila Patricia, Superglú, Gancho Sanches, Silvia Penide, Leo Buker, Sanny, Broa, Tinta, Guille LP e Samu Alacará en os Tinta Femia.

Pódeche interesar...
‘O ministerio do tempo’ chega a HBO España