Lois Patiño presentará a súa curta ‘Sycorax’ en Cannes

O cineasta galego Lois Patiño participará con Sycorax, a súa próxima curtametraxe, na Quincena de Realizadores, sección paralela e independente do Festival de Cannes que celebrará a súa próxima edición entre o 7 e o 17 de xullo.

Sycorax está codirixida entre o galego e o arxentino de orixe galega Matías Piñeiro. Nunha conversa que tivemos con Lois Patiño, o director falaba que Sycarax forma parte dun proxecto máis grande. Sairá un filme chamado Ariel, que será unha adaptación libre da Tempestade de Shakespeares. Sycarax é unha curtametraxe previa e de aproximación para por en común linguaxes cinematográficos e comezar a explorar o imaxinario.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.