LORA e Verto queren que te vaias de vermús co videoclip de ‘Comando Sabor’. Bótalle un ollo!

O tema forma parte de 'Lorazepam', o primeiro disco do dúo da Coruña, publicado o pasado novembro

Carlos Eirís e Alejandro Gesto son LORA. Alberto Mira e Fernando Peleteiro son Verto. E, os catro xuntos, son a festa garantida. A conexión Carral e Santiago de Compostela chega en febreiro para recordarnos que a festa é algo ao que custa renunciar e o sinxelo que é que nos liemos a tomar unha, e outra, e outra, e outra máis.

Comando Sabor chega despois de que, en 2020, ambos grupos debutasen cos seus primeiros albumes. Por unha banda, LORA lanzou Lorazepam en novembro de 2020. Os Verto fixérono antes, lanzando Puro Ocio en marzo. Dende entón, ambas agrupacións seguen dando pasos adiante para conquistar a cada vez máis xente.

Naqueles tempos de confinamento semi ou pleno, ben facían falta os ritmos latinos pletóricos que nos achegaban da man de Verto. Meses máis tarde, seguímolo precisando. E desta vez retorna o “petardo” de Comando Sabor acompañado dun lisérxico vídeo musical, dirixido por Mundo X. Bótalle un ollo!

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.