Lsebe deixa atrás o soño dunha noite de verán

Lsebe, antigo compoñente do grupo de rap pontevedrés Delahoja, volve cun novo nome (Intenso Silva) e disposto a facer carreira en solitario. Pretende sacar á luz seis videoclips ao longo do ano que finalmente se agruparán nun traballo que leva por nome Creo. Xa se pode escoitar Es normal, o primeiro adianto.

Coa súa música, Intenso Silva pretende transmitir situacións cotiás coa que pretende facer sentir identificado ao público. Para el, tamén é importante nesta etapa da súa carreira facer as cousas ao seu xeito e pola súa contra. No futuro publicará colaboracións con artistas como Mistiko Ment, Ricky el Hombre Libre ou o saxofonista Escandaloso Xpósito.

Intenso Silva fíxose coñecido co seu antigo grupo Delahoja co que publicaron tres discos, os últimos a principio da pasada década. Chegaron a colaborar con artistas da talla da francesa Soprano ou Cypress Hill.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.