Máis de 80 mulleres artistas na terceira edición do Festival 85C de Vigo

A asociación 85C, un colectivo que visibiliza o traballo das mulleres no mundo da arte e a cultura, ultima a terceira edición do seu festival, que se celebrará en Vigo entre os días 7 e 9 de setembro. Durante eses tres días diversos espazos, máis de 25 locais da cidade, acollerán máis de 80 artistas con diferentes propostas.
As creadoras toman a cidade: un cóctel de artes escénicas, faladoiros, música en directo, proxeccións, obradoiros, poesía, contacontos, etc. O programa conta con realizadoras como Anxos Fazáns, músicas como Mounqup, corógrafas como Olga Cameselle e outros moitos nomes importantes da nosa cultura como María Lado ou Carmen Conde.
Pódeche interesar...
Todo o que sabemos do novo de Triángulo de Amor Bizarro