Malestar entre o mundo cultural vigués por mor do peche de Vigosónico. O Concello de Vigo sinala que se toma a decisión para axustarse á legalidade vixente por mor dos protocolos anti-covid mentres xa hai aberta unha recollida de firmas online para protestar contra o peche.
O Concello de Vigo decidiu non adxudicar o contrato de xestión do centro Vigosónico onde se desenvolven accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas. As bandas de Vigo quedan así sen un lugar de ensaio para elas e a xuventude viguesa sen un gran centro de dinamización cultural.
Os músicos vigueses din que “queren pechar o seu fogar” e sinalan que non é polo amor que lle teñen á institución, senón polos traballadores do lugar e polos cursos que se imparten. Ademais, consideran que Vigosónico podería salvarse do peche de aplicarse protocolos que garatan a súa actividade dunha forma segura.