Massive Attack estrean un EP audiovisual cargado de contido político

Massive Attack acaban de publicar un novo EP chamado ‘Eutopia’, o seu primeiro lanzamento dende o ano 2016, cando lanzaron ‘Ritual Spirit’ e ‘The Spoils’. Inspirado polo libro ‘Utopia’, escrito por Thomas Moore no século XVI, este proxecto audiovisual de tres pezas conta coa colaboración de Algiers, Saul Williams, e Young Fathers, xunto con tres oradores políticos: O teórico da renda básica universal Guy Standing; o profesor impulsor do “Imposto á riqueza” en América, Gabriel Zucman; e Christiana Figueres, que escribiu o Acordo do Clima de París da ONU. Creado durante a corentena, este proxecto audivisual utiliza a música e as imaxes creadas mediante intelixencia artificial por Mario Klingemann para poñer o foco sobre as ideas políticas e a necesidade de impulsar un cambio global..

Massive Attack sinalaron nun comunicado de prensa:

A corentena amosou os mellores aspectos e os peores fallos de humanidade. Aquel período de incerteza e ansiedade obrigounos a reflexionar sobre a obvia necesidade de cambiar os sistemas nocivos polos que vivimos. Traballando con tres expertos, creamos un diálogo visual e sonoro arredor destes problemas estruturais mundiais; tomando a forma de emerxencia climática, a supresión de paraísos fiscais e as rendas básicas universais.

O espírito deste EP, os seus elementos e ideas, non teñen nada que ver coas nocións inxenuas dun mundo ideal, perfecto e teñen todo que ver coa necesidade urxente e práctica de construír algo mellor. Neste sentido, a ‘Eutopia’ é o contrario a un erro de ortografía.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.