‘Matria’ xa se pode ver en aberto

A galardoada curtametraxe de Álvaro Gago está dispoñible na plataforma Vimeo

Un dos lanzamentos máis destacados do ano 2018 para o audiovisual galego chegou en forma de curtametraxe. Matria de Álvaro Gago recorreu o mundo de festival en festival, conseguindo recoñecementos como o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance, levando o Mestre Mateo a mellor curta e sendo a única representación galega entre as nomeacións dos Goya no seu ano.

Máis alá do éxito desta curtametraxe en festivais, Matria foi unha obra necesaria, na que Gago mostrou unha historia sobre como as mulleres obreiras están dobremente explotadas nun contexto gris dunha conserveira de mexillóns. Agora, esta fantástica curtametraxe xa se pode ver en aberto na plataforma Vimeo permitindo tanto ver por primeira vez como revisitar unha das obras de curta duración que máis tivo que ofrecer durante os últimos anos.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.