Miguel Ponce de León estrea a obra “Veneficio (do cotiá e como remedialo)” en Santiago

O artista multidisciplinar Miguel Ponce de León Martínez estreará a súa ópera prima “Veneficio (Do Cotiá e como remedialo)” na Fundación Eugenio Granell o próximo 11 de marzo ás 19:00h, contando con 2 pases máis, tanto o 25 de marzo coma o 8 de abril. As entradas están á venta no propio lugar da representación.

“Veneficio…” é un espectáculo totalmente autoproducido, que mistura o monólogo teatral coa maxia, onde a través dun discurso de conferencia e confesión defende como as experiencias estéticas teñen a súa orixe nos propios suxeitos estéticos e non na realidade que os rodea. Ofrece ao público unha experiencia colectiva onde predomina a verdade e separa a maxia do misticisimo para contemplala desde a realidade cotiá. A obra vén acompañada cun pequeno libro, que funciona como entrada.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.