Mounqup estrea un adianto do seu novo disco

Mounqup acaba de estrear Ses Larmes un adianto do seu novo disco, que levará por título CASTRO VERDI e que será lanzado este ano na discográfica Molho. Esta nova canción chéganos en forma de vídeo grabado en directo por Gael Carballo e Daniel Rodriguez. Unha actuación no Sindicato do Comic de Ourense que deixa patente o ben que se desenvolve a cantante galega de orixe francesa en calquera tipo de escenario.

Déixanos contarcho!
Mantente ao día das nosas novidades uníndote agora á nosa lista de suscriptores.