Mourn estrean novo sinxelo: 'Barcelona City Tour'

Mourn volveron ao comezo desta semana cunha nova canción, Barcelona City Tour. Trátase dun novo sinxelo, que é ademais a primeira presentación do seu novo e terceiro álbum, Sorpresa Familia, que sairá o vindeiro 15 de xuño.

Dende Barcelona, Mourn chegaron en 2014 cun disco homónimo, no que a primeira sorpresa era a capacidade interpretativa de catro xoves, capaces de facer un álbum debut con tan só 19 anos o máis maior delas, e 15 anos a máis cativa. Pronto, veuse que a súa curta idade non era un impedimento musical para unhas rapazas moi influenciadas por grupos como Sleater Kinney ou PJ Harvey, e o seu primeiro álbum levounas ao recoñecemento público. Dous anos despois, con Ha, Ha, He, demostraron que aínda tiñan moito máis que ofrecer.

Pódeche interesar...
Limbo, a curtametraxe de Dani Viqueira, segue o camiño que abriu Dhogs