Nace a asociación de festivais profesionais de música de Galicia

Representantes de oito festivais musicais galegos presentaron recentemente en Compostela unha nova asociación co obxectivo de medrar coordinándose. A posta en marcha desta entidade asociativa preséntase como un paso natural e de madurez nun sector que se vai profesionalizando e ve que en Galicia hai unha oportunidade de sector importante para ofrecer festivais sostibles económica e ecoloxicamente cunha oferta diferenciada e atractiva que engade valor ao entorno. A asociación é a primeira deste sector no País e, segundo Luis Campos, presidente da asociación e representante de SinSal Audio, tampouco existe no Estado unha entidade semellante.
Ademais do festival SinSal SON tamén están representados arestora na asociación o Atlantic FestVive Nigrán17ºRibeira Sacra, SonRías BaixasFestival da LuzWOS festival e Revenidas. Facendo balance, estes certames musicais reúnen preto de 300.000 espectadores e espectadoras cada verán, xeran centos de postos de traballo, invisten máis de tres millóns de euros no territorio e son “un factor esencial de visibilización dos concellos onde se celebran”.
A preocupación da asociación é fortalecer a produción para ofrecer eventos cada vez de maior calidade. “Crear festivais de música únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente”.
Pódeche interesar...
Paredes de Coura 2019, día IV: Reivindicacións dentro e fóra da música