Nace o colectivo cultural Galicia Molona

Hoxe preséntase na Sala Filomatic (A Coruña), a Asociación Cultural Musical Galicia Molona; con 2 concertos e unha sesión de música electrónica. A festa comezará ás 22:00 coa actuación de dúas bandas: Cloaca e Terror Erótico Adolescente. Cloaca poñerá o punto necesario de garaxe e Terror Erótico Adolescente animará ó persoal co seu punk-electrónico de baile. Tras os concertos, Le Petit Dj sacará todo o seu repertorio de electropop e house.

Un proxecto que xorde coa idea de organizar concertos, promocionar a música alternativa galega e/ou probar sorte cun festival. Desta forma, tras varios meses, nace o colectivo cultural Galicia Molona. Un grupo de mozas e mozos galegos/as que pretenden apoiar e dinamizar a esfera musical independente. Así como establecer sinerxias con outras asociacións galegas coas que compartan valores e ideas.

As entradas para esta festa de presentación, que aínda por enriba veñen acompañadas con pizza gratis, pódense adquirir a través do sitio web https://galiciamolona.com/entradas/ ou na propia sala.

Pódeche interesar...
Limbo, a curtametraxe de Dani Viqueira, segue o camiño que abriu Dhogs