Nace Youcanthide, a contundencia viguesa feita grupo

Kaixo e Kings of the Beach xúntanse neste novo proxecto

Kings of the Beach e Kaixo son dúas das propostas máis contundentes da escena musical viguesa. Os primeiros un garaxe punk con músculo, o segundo en representación dunha das vertentes máis diferentes da música urbana. Neste mundo revolto nace unha gran revolta: a unión dos dous xa é real. Youcanthide xa está en marcha.

Aínda que xa derán algún concerto durante os últimos meses cun bo resultado, non é ata agora que estrean o proxecto coa publicación do videoclip de I Gotta Bullet. Nel lanzan unha mensaxe clara “para todo aquel que se atreve a dar leccións morais de como vivir” nunha obra audiovisual non exenta de ironía.

Pódeche interesar...
‘RUN’, a nova comedia da HBO protagonizada por Merritt Wever e Domhnall Gleeson, chegará o 13 de abril