Nine Inch Nails anuncian novo disco

A triloxía de EPs de Nine Inch Nails que comezou co lanzamento de Not The Actual Events en decembro de 2016, seguido posteriormente por Add Violence, pecharase finalmente con Bad Witch. Sen embargo para a nosa sorpresa, Bad Witch non será un EP, xa que, a pesar de contar unicamente con 6 cancións, a banda confirmou que terá unha duración dun álbum completo. O anuncio chegou acompañado tamén cas datas da xira norteamericana da banda para este ano, na que se atoparán acompañados por The Jesus And Mary Chain.
As cancións que conformarán Bad Witch serán:
01 Shit Mirror
02 Ahead of Ourselves
03 Play the Goddamned Part
04 God Break Down the Door
05 I’m Not From This World
06 Over and out

Pódeche interesar...
O XXIX Festival de Jazz de Lugo comeza este sábado