Nos Seus Pés, un festival solidario cos refuxiados no Grove

O Festival solidario cos refuxiados Nos Seus Pés celebrará a súa terceira edición o 18 e 19 de outubro no Grove. Contará coa actuación de bandas galegas como O Leo Arremecághona e os santiagueses Mojo Experience. O obxectivo é recadar axuda económica para as organizacións que traballan no Mar Mediterráneo Project Elea e Proem-Aid. Mar Benavides, promotora do festival, conseguiu mobilizar á xente da localidade buscando algún xeito de conseguir fondos ou recursos que foran aproveitables nos campamentos. Hoxe, tres anos despois o festival colleitou 13.500 € para ese fin nas dúas primeiras edicións. Nos Seus Pés enfoca os seus folgos en sensibilizar á poboación galega mostrando a realidade diaria de moitos seres humanos que viven en condicións moi diferentes as da nosa sociedade. Para isto, utiliza a cultura como instrumento de unión, diversión e promoción de valores como a solidariedade.

Pódeche interesar...
Death Stranding continúa a xerar expectación co seu tráiler de lanzamento