Nova música de Thom Yorke

'Suspirium' é o primeiro adianto da banda sonora do novo filme de Luca Guadagnino

Xa podemos escoitar o primeiro adianto do traballo de Thom Yorke para ‘Suspiria‘. A banda sonora orixinal do filme de Luca Guadagnino (‘Call Me With Your Name‘) chegará o 26 de outubro a través de XL Recordings. A canción foi previamente adiantada por Yorke nas redes sociais mediante fragmentos, e en lugar de tratarse dun tema instrumental, conta coa interpretación na voz do frontman de Radiohead.

Esta película será a primeira inmersión de Thom Yorke no mundo das bandas sonoras. Durante unha entrevista de radio o ano pasado, explicou como a obra de Vangelis para ‘Blade Runner’ inspirou o seu propio traballo de ‘Suspiria’. Durante a fin de semana, a película estreouse no Festival de Venecia. Yorke estivo presente para o estreo e participou nun panel, durante o cal comparou o proceso de composición con “facer feitizos”.

Pódeche interesar...
O lume folk de Emily Jane White, acto lisérxico imperdíbel na súa xira por Galicia